domingo, 4 de julio de 2010

LIGA 2010-2011

Este sábado celebrouse a asamblea da Federación Galega, onde se aprobou seguir co mesmo sistema de competición na primeira autonómica (dous grupos de oito equipos cada un, e os catro primeiros loitan polo titulo, e os catro ultimos xogan polo descenso), a única variante e que o sorteo de grupos respetarase a posición acadada na derradeira tempada, pero facendo o sorteo por parellas, e decir, a primeira parella e Bueu e Cangas, pois sortease a que grupo vai cada un, logo sortearase a Carballal e Artabro, logo a Viña Costeira e Xabañús, logo a Camariñas e Novás, polo tanto o único seguro e que este ano non nos tocara xogar contra o Novás na primeira fase...

A data límite para inscribirse e o 20 de Xullo, e a data límite para ceder os dereitos deportivos e o 30 de Xullo, polo tanto cando comencemos a pretempada, xa deberiamos saber que equipos van participar, ainda que ate o doce de Agosto que e a reunión para sortear os grupos non saberemos os rivais.

A data de comezo da competición e o 19 de Setembro.

domingo, 20 de junio de 2010

NOVAS PRETEMPADA

SENIORS:

Xa temos arranxados catro amigables de pretempada,  o Venres dia 6 comezamos contra o Oar en Camariñas, para xogar de novo con eles o Venres 13 na Coruña, logo o día 28 xogamos en Camariñas contra o Pontedeume, para voltar a xogar sete días mais tarde no seu torneo (ainda non se sabe se será triangular ou a partido único).

Estase intentando conseguir un ou dous partidos nos dias que van do 13 ao 28, e outro mais para terminar a preparación e cercano o comezo da competición oficial.

XUVENIS:

Os xuvenis comezaran os adestramentos e a sua preparación cos seniors (o 2 de Agosto)

CADETES:

Comenzaremos a adestrar o 16 ou 17 de Agosto (tanto cadete masculino coma femenino).

lunes, 7 de junio de 2010

VACACIONS

Pois iso, a desfrutar e si se da algunha noticia digna de mencionarse xa a contaremos.

VACACIONS

Pois iso, a desfrutar e si se da algunha noticia digna de mencionarse xa a contaremos.

lunes, 24 de mayo de 2010

Festa do Balonman en Camariñas

Este Domingo pasado día 23 de maio, vivimos no Areal unha festa do Balonmán, donde tiveron cabida os mais pequenos e os mellores xogadores galegos da actualidade.

Pola mañán desputaronse as fases finais provinciais de benxamins e alevins, participando nelas 6 equipos pertencentes a 4 clubes Oar Caixanova, Camariñas, Artabro Oleiros e Santa Comba.

Felicitar os participantes, e os gañadores Oar Caixanova en Benxamins e Artabro Oleiros en alevins, tamén felicitar a todolos que fixeron posible esta xornada (arbitros, mesas, etc), tendo cada cousa no seu lugar, e facendo que a xornada se desenrolara sin problemas.

Dos nosos resaltar o avance dos benxamins, que deixaron patente na pista a sua mellora, e que loitaron coma jabatos e jabatas ante rapaces con mais anos a maioria e polo tanto mais desenvoltos no xogo, e con maior capacidades fisicas. Os alevins lastrados polas baixas, por mor dunha excursión estiveron sen cambios ate o derradeiro encontro onde os nosos benxamins foron quen de votarlles unha man, ainda asi destacar a progresión de Fran na porteria e Pablo que continua sendo unha dor de cabeza para os rivais (que según me contaron incruso foi vitima dunha defensa "persoalizada" nun dos partidos)

Pola tarde o Conservas Boya tiña coma rival o Oar da Coruña, e pese a comezar ben o choque, indo por diante no marcador ate mediada a primeira parte, os cambios para dar folgos os xogadores de principio fixeron baixar a intensidade defensiva e os Coruñeses conseguiron finalizar a primeira mitade con 12-15 no marcador a pesar da boa actuación de Lalá na portería.
O segundo tempo foi unha continuación dos ultimos minutos da primeira mitade, un Oar que acadaba goles ben doados, e un Conservas Boya que intentaba equilibrar o marcador da peor forma posible (sen defender e a base de individualidades en ataque). Os cambios de postos, defensas e xogadores non serviron de nada, xa que calquera xogador herculino era capaz de fintar os nosos e provocar superioridades ( o único que se salvou da queima foi Perón, que a forza de adestrar ben remata a tempada cun posto fixo no equipo), por conseguinte resultado final de 30 - 37. Polo Oar destacar a sua primeira liña, en especial De las Heras.

Remataba a Xornada co partido agardado por todos, a nosa selección, que tiña enfrente unha Gran Bretaña demasiado frouxa para facerlle frente, poido verse momentos de defensas agresivas, algún pique, flays, roscas imposibeis, blocaxes estratosféricos e pases increibles (Victor Vigo deu unha exhibición de visión de xogo...). A grada chea pese o bo dia de praia, pese o futbol, e pese a todos. Polos ingleses o seu nº8 (lateral esquerdo) e o porteiro da segunda mitade foron os mais destacados en opinión da maioria de "balonmanistas"

E rematou o día con todos cansados, pero satisfeitos de que a capital do Balonman foxe por un día Camariñas.