viernes, 13 de agosto de 2010

1ª AUTONÓMICA 2010/2011

Xa temos o calendario de competición na seguinte ligazón:

Deza, Xabañús, Carballal, Seis do Nadal, Bueu, Poio e Tirso son os rivais que nos tocaron, nun grupo que se prevé moi igualado, e non vai ser nada doado intentar meterse nos catro primeiros.

Temos por exemplo, un descendido de primeira nacional coma o Bueu, o Carballal que ano tras ano ocupa os postos altos da taboa, e como e normal sae sempre coma favorito, os equipos do Deza que contan nas suas filas con xente experimentada en categorías superiores, o Tirso que  ten moi bos xogadores, xunto os filiais do seis do nadal e do Teucro, que probablemente van dar moita "guerra" xa que as suas canteiras son das mellores de Galicia, e seguro que teñen algún "veterano" que lles dará a experiencia suficiente.

En fin, que vai ser duro, dificil e imos ter que traballar moito para ser quen de gañar os partidos, e xa so nos queda pensar no Deza que e o primeiro rival que nos deparou o sorteo.

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS vs LALIN

Para rematar as novas sobre o noso equipo comentar que o amigable xogado o mercores contra o Lalin, no pavillón do Areal, rematou con victoria visitante 26-35, nun partido moi disputado, e igualado ate aproximadamente o minuto 40, vironse detalles positivos no xogo do Camariñas, ante un verdadeiro equipón coma o Lalín, que este ano parte entre os favoritos da primeira nacional, e mais cas incorporacións de xogadores coma Rubén Martinez, Roberto Alvarez ou Gustavo Lázara, que xunto cos demais xogadores que acadaron o terceiro posto o ano pasado seguramente van dar moitas alegrías a os seus xiareiros.

Polo Lalín destacar o incombustible Pincho, a Ruben e mais os extremos Josiño e Gustavo, e polo Camariñas a Felipe, Quin, Alberto e Fari

Suliñar o debut do Cadete Angel Quintana e o xuvenil Cristhian Antelo cos locais, que tiveron uns minutos o final do encontro.

jueves, 12 de agosto de 2010

DERRADEIRA FICHAXE

Jose David Dozo e novo xogador do Conservas Boya Camariñas, David ten 24 anos, mide 1,94 e pesa uns 87 kilos, e zurdo e pode xogar tanto no lateral como no extremo dereito, e incluso en momentos puntuais na posición de pivote.
Jose David procede do Teucro de Pontevedra, onde se formou e xogou a derradeira tempada, ainda que xa ten xogado en primeira nacional con Porriño e Bueu, e tamén ten probado sorte en algún equipo castelán, coma o Zamora e o Avila.
Con David a plantilla queda definitivamente pechada, e so a recuperación de Marcos Martinez "churo", e as incorporación de Anxo (pendente dos seus estudos) e mais Eloy (problemas laborais) pode facer que aumente o número de xogadores, sen esquecer os xuvenís que estan adestrando con moitas gañas, e pode que pronto poidan competir por un posto nas convocatorias.

miércoles, 11 de agosto de 2010

Conservas Boya vs Balonmán Lalín

Hoxe as 21:00 horas no pavillón do Areal xogamos o primeiro amigable da pretempada dentro do adestramento previsto para hoxe que inclue traballo de forza xeral e resistencia anaeróbica.

Os xogadores seniors que están citados as 20:15 son:

Victor, Lalá e Felix (porteiros)

Alan, Quin, Perón, Diego (segundas liñas)

Felipe, Moncho, Xabi, Alberto (primeiras liñas)

Fari (universal)

Os xuvenís  Bruno (porteiro), Caamaño, Damián, Martín, Iago, Paco e Cristian e mais o cadete Angel tamén están convocados e algún pode ter opcións de xogar algúns minutos.

Son baixas por motivos laborais Jose Ramón, Eloy e Salva

O rival de hoxe rematou no terceiro posto de primeira nacional a tempada pasada, este ano, con novas incorporacións ainda aumentou o seu potencial partindo coma un dos favoritos na sua liga, e coma sabemos todos e un histórico conxunto punteiro con varias fases de ascenso nos derradeiros anos e cunha laboura de canteira das mellores de Galicia.

viernes, 6 de agosto de 2010

Plantilla case pechada

A piques de rematar a primeira semán de adestramentos, podemos decir que a plantilla desta tempada está a piques de pecharse. Na portería contaremos con Lalá, Felix, Victor e co xuvenil Bruno que pode roubarlle protagonismo a calquera dos seniors en calquer momento.
Para o extremo esquerdo contamos con Alan e con Fari, no extremo dereito temos a Quin e Perón, nos laterais a Felipe, Alberto, Jose Ramón e Salva, co xuvenil Caamaño disposto a pelexar por gañarse un posto, nos centrais temos a Moncho e Xabi, e no pivote Diego parte con ventaxa sobre Eloy que se incorporará mais adiante por temas laborais.
A plantilla polo tanto está practicamente pechada con 15 fichas senior, (quedando tres fichas por si houbera algunha incorporación mais), sen olvidarnos dos dous xuvenís que están nominados con seniors.

Son dúbidas por lesión (ainda está rehabilitándose) ou retirada Marcos Martinez "churo" e por estudos Anxo.

E baixa Gonzalo Pombo, que comeza unha nova aventura profesional e deportiva en Lugo, onde agardamos que lle vaia o mellor posible. ¡¡sorte Pombo!!