Ben coma penso que non paga a pena falar nin pensar mais do indispensable das accións de xente que non ten importancia no noso dia a dia, centrareime nos aspectos positivos do encontro (que algún houbo)
Ca defensa formada (nos seus ataques posicionais) so tivemos dous goles que non foran polo extremo, isto significa que non o fixemos nada mal, a pouco que os nosos porteiros estean un pouco mais atinados recuperaremos moitos balons.
Xa sabemos as cousas que debemos mellorar, este encontro e unha boa proba de que cando damos continuidade o xogo ofensivo conseguimos situacións claras de lanzamento (primeiros dez minutos de cada parte), pola contra cando nos obcecamos no 1x1 perdemos balóns e nos frien a contraataques, polo tanto debemos dar moita mais continuidade o noso xogo ofensivo.
Para rematar, penso que por fin esta semana que entra ca recuperación dos lesionados poderemos adestrar sen estar limitados polo número de xogadores, así que a seguir traballando con paciencia que ainda queda un mes para iniciar a liga e ainda nos queda moito por mellorar, ainda que tamén sabemos que un dos sistemas defensivos case que está asimilado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario