viernes, 22 de enero de 2010

PERDER TRES GOLES NUN MINUTO


59:00 > 34-37 no marcador
59:04 a 59:11 > saca de centro Suiza e a defensa islandesa permite un 1x1 do lateral esquerdo deben estar mais xuntos para as axudas e provocar que o ataque sexa mais longo.
59:15 > Saca Islandia, sen chegar a dar unha circulación de balón completa, fan a xogada indicada polo adestrador, que finaliza nun lanzamento do extremo esquerdo dende o pivote. O correcto seria dar unha volta completa o balón e buscar golpe franco (xa que os austriacos non presionan), o principal non e meter gol, se non ter a posesión do balón o maior tempo posible, non e moi adecuado xogar con desdobramentos para que o repliegue defensivo sexa mais doado (o pivote e o extremo dereito en vez de replegarse cando o balón sae da man de stefansson quedan mirando o desenlace da xogada)
59:33 > Stefansson acosa o portador de balón. Debería facer un golpe franco táctico e asi evitar o pase e retardar o contraataque.
59:40 > Saca Islandia de centro, o central pasa o balón a Stefansson e vai hacia a zona de balón, o lateral e o extremo esquerdo abrense e deixan un pasillo que aproveita para avanzar botando, nese momento o lateral e o extremo van cara a zona de balón, co que achican o espacio e se produce a perda de balón. O Lateral e o extremo deberian abrirse o máximo posible a banda e non cerrar o espacio o seu compañeiro, este non debería de esgotar o bote e arriscar no pase, otra opción e que no saque de centro 4 xogadores se peguen a banda esquerda por exemplo, e outros dous vaian cara a outra para xogar con moito mais espacio un dous contra dous (incluso poderian ter a axuda do porteiro) si un dos defensores da zona esquerda acude a axudar o seu oponente debería escapar hacia o centro para recibir un pase fácil, por último antes de arriscar nun pase dudoso e mellor facer un lanzamento que vaia fora, para así ter o tempo necesario para organizarse defensivamente.
59:53 > saca Suiza lanzando dende a sua pista a portería que está valeira e remata o encontro con 37-37. O porteiro nunca debe nese intre facilitar o traballo do rival.

Pd.: O dos árbitros e tema aparte, porque o xogador que efectua o saque faino en movemento, e logo de meter gol non se para o tempo, cando anteriormente si se fixera (os dous goles anteriores de Suiza) e Islandia podería ter 5 segundos para intentar o gol.




No hay comentarios: