martes, 16 de marzo de 2010

se todos os findes foran así...


Os seniors por fin conseguiron dous puntos na sua visita a Ribadavia, impoñendose por 29 a 33, nun partido no que destacou Xabi , que xogando de central completou un partido moi bo, sendo o mellor dos que ten xogado dende que comezou a tempada, tamén destacable o bo rendimento de Felipe, no seu mellor partido da segunda fase, e as prestacións de Alan que por fin xogou fora, como o fai na casa.
O que debemos rescatar do encontro e que nun momento malo na primeira parte con catro goles abaixo, fumos quen de seguir loitando e recuperarnos, cousa que noutros partidos non ten pasado (sobor de todo fora da casa), logo na segunda mitade, a pesares de perder moitas oportunidades para deixar o partido finiquitado, chegamos mais enteiros os derradeiros minutos e conseguimos a victoria que esperemos non sexa a última.

Os Xuvenís conseguiron un punto ante o Porriño, que ainda que os seus xogadores non teñen o nivel dos nosos, si que xogan moito mais conxuntados, se a iso añadimos a falta de acerto e o exceso de individualismo dos nosos, xa temos as causas principais de ir o descanso seis goles abaixo (10-16), a segunda mitade foi unha exhibición do noso porteiro Bruno, que doulle o relevo a Felix e que so encaixou 5 goles en 30 minutos, parando lanzamentos dende os extremos, dende o pivote, exteriores..., o verdadero responsable do punto conseguido (algúns deberían facer autocritica e ter a boca pechada para reclamar os demais, cando en realidade as veces mais que aportar restan potencial o equipo, un bo exemplo de comportamento e o do citado Bruno).

Os Cadetes acadaron a primeira victoria da tempada, facendo un partido bastante mediocre, e inferior a moitos que o final se perderon, pero o seu rendimento foi moi superior, o resultado foi un elocuente 44-37, (25-18 o descanso), e fala ben as claras da pésima defensa e portería de ambos equipos, esperemos que esta victoria traiga os nosos un pouco mais de motivación para adestrar con continuidade e gañas de aprender e mellorar, Como sempre o mais destacado do equipo foi Cristian (notase que e o que mais aproveita os adestramentos), a destacar o primeiro gol de Angel Mouzo, que a modiño vai asimilando as cousas que se traballan nos adestramentos.

No hay comentarios: