lunes, 17 de enero de 2011

Un punto que sabe a pouco




Unha imaxe vale mais que milpalabras e a deste encontro sucedeu no final do primeiro tempo cun golpe francoa favor do Viña Costeira que se efectuou co tempo parado, e decir, un xogadorcon balón nos 9 metrose 6 xogadores locais formando unha barreira fronte a el nos seis metros, oresultado foi un golazo do xogador visitante debido a relaxación dos defensorescamariñáns que permitiron co lanzamento chegase a porteria.

Ista podería ser a imaxe dunencontro no que o Camariñas permitiu cos forasteiros acadasen un punto pola suamala cabeza, este sábado ninguén se librou do desacerto, dende o adestradorcomo máximo responsable do xogo local, ate os xogadores que amosaron unhairregularidade e unha falta de concentración preocupantes.

Principiaba o encontro mandando oViña Costeira gracias os goles do seu pivote, que a pesar de non superar o 1,70sempre gañaba a posición os defensores locais que carecian da intensidade dosderradeiros encontros, esa falta de intensidade e a pouca concentración fixoque tardasen en meterse n encontro, cometendo moitas imprecisións nastransicións e no lanzamento, Lalá mantivo o equipo cas suas paradas, ate quemediado este primer periodo os homes do refresco saidos do banquillo e o cambioa unha defensa 6:0 cortocircuitaron as ideas visitantes e permitiron acadarunha ventaxe de tres goles o final, reducida a dous por ese golpe francofatídico.

Na segunda mitade os locaissairon decididos a pecha lo encontro e basando o seu xogo nunha  boa defensa e contraataques fulminantes foronquen de aumentar a ventaxe ate os 8 goles no minuto 45, pero lonxe de seguir comesmo nivel, esqueceronse de que os encontros non rematan ate o minuto 60, eprincipiaron os despropósitos, primeiro cairon en “guerras subterráneas” cos xogadoresrivais moito mais experimentados que buscaban desquiciar ante a falta derespostas balonmanisticas, perdeuse de novo a concentración no xogo e a defensavolveuse  moito mais flebe, o exceso deconfianza fixo que xa non se enlazaran e se dera continuidade o ataque,apareceron as exclusións nos minutos finais, un erro xa habitual no ConservasBoya, e os visitantes foron pouco a pouco remontando no marcador, axudadostamén pola señalización de varios sete metros canto menos discutibles, unhaproba da falta de concentración local foron varias accións nas que os rivais,logo de lanzar e toparse co porteiro local, recollían o rechace e conseguíanmaterializar en gol accións que deberian ser contraataques locais, outra imaxedeste despropósito e unha acción na que un xogador local en contraataque vaimais atento o defensor que leva detrás, e perde unha ocasión clara de conseguirgol por medo a que este (co que tiña a “guerra” mencionada anteriormente) llepoidera dar un golpe por detrás.

Ainda asi a falta de 12 segundoso Boya consigue o seu gol 29, pero nunha acción moi discutida, os colegiadossinalan un 7 metrospor unha acción a un xogador sin balón que e agarrado cando pretendía recibir omesmo, lamentablemente a pesar de existir moitas accións similares durante oencontro na area visitante non sinaladas, desta vez considerou apropiadofacelo, e o Viña Costeira lanzou un sete metros co tempo rematado que lle deuun punto polo que loitou e que os errores locais lle permitiron acadar.

A pesar do punto perdido, osCamariñáns poden resarcirse o vindeiro fin de semán ante o favorito Cangas, eaplicarse a lección dada polo Viña Costeira que non baixou os brazos a pesaresde ir 8 goles abaixo no marcador a falta de 15 minutos, e xogando fora da casa,un aspecto este no que son moi superiores o Camariñas, que e unha das cousaspendentes que ten entre outras a mellorar.

Polo Camariñas destacar o seuporteiro Lalá que estivo moi acertado mentres a defensa lle acompañou, poloViña Costeira os seus irmans celso e Juan que foron un pesadelo continuo paraos locais.

Outros resultados:

Xuvenil Masculino: Pabellón 36 Camariñas 25
Cadete Masculino: Ourense 31 Camariñas 16


No hay comentarios: