lunes, 12 de octubre de 2009

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 34 CANGAS 34

Ate agora e o partido que mais enfadado rematei, primeiro pola perda dunha tacada de dous xogadores, logo pola actuación arbitral, teño que darvos a noraboa porque seguindo a costume, estivemos traballando en como mellorar o noso rendimento en vez de pensar na laboura arbitral, e a verdade que de novo estiveron moi desacertados, ainda que podedes estar seguros que non e con mala intención, se así fora non nos sinalarian un 7 metros a favor no derradeiro minuto do encontro.
Iso si, lembrome de cinco ou seis decisións non axustadas o normal, hai unha acción do seu porteiro que e unha roxa direita polo perigo que conleva o atacante e transformarona en falta en ataque, cando o porteiro non está parado nin moito menos, un 7 metros de Pombo mais dous minutos, e nin siquera un dos árbitros entendía a decisión, xa que saltou o extremo e Pombo estaba a dous metros del, un lanzamento de Moncho en 6 metros pitan golpe franco, cando o defensor lle vota a man o balón por detrás xa superado (así houbo un par delas mais), unha lei da ventaxe con pasos incluidos, o atacante agarrando o defensor co brazo contrario o brazo executor convertirono en dous minutos o que foi facer a axuda, en fin, demasiados erros, que si non mantiveramos a concentración e nos dedicaramos a facer o noso traballo, suporían que agora estivesemos falando dunha derrota folgada. O mais lamentable e que sufrimos unha exclusión o banquillo, co tempo parado, atendendo a un dos nosos e provocada por unha persoa que non estaba participando dende había ben tempo no partido, polo tanto non hai excusa, nin estaba a mil pulsacións nin nada polo estilo.
Non queda mais que seguir traballando, e respetando o labor dos árbitros, xa que iso beneficianos, as solucions non pasan por protestar, pasan por seguir confiando no noso traballo, e intentar humildemente mellorar o máximo posible, chegar o noso 100%.
Temos que reflexionar, e esforzarnos ainda mais na defensa, xa sei que en cada partido xogamos unha media de 12 minutos con un menos, pero teño esperanza en que isto vai cambiar e non sempre vamos a ter tantas exclusions, porque xa parece que nos colgaron o "San Benito" de que "pegamos" muito, en cambio as lesións caen sempre do noso lado ¿coincidencia?, non o creo, o que pasa e que a nos tamen nos dan dabondo ainda que non se reflexe nas exclusions.
Se pensades un pouco no partido, de novo o traballo deu os seus froitos, permitiunos cambiar o sistema defensivo, permitiunos chegar o final do partido mellor fisicamente cos rivais, e só a falta de paciencia e un pouco de ansiedade non nos permitiu dar a volta o marcador, ¡¡lembrade cos partidos duran 60 minutos!!
Outra cousa que todos poidemos ver, e que en xogo estamos sendo superiores os rivais, este sábado sucedeu así, o que pasa e que o acerto de cara a portería foi dispar, ou se pode decir que o seu porteiro estuvo mais acertado cos nosos, temos que intentar mellorar isto nos adestramentos, non só por parte dos porteiros, se non dos xogadores colaborando mais a hora de escoller certo tipo de lanzamentos.
Unha cousa pola que debemos estar felices e pola resposta de toda a plantilla, o sábado non se podería decir quen leva anos xogando en senior e quen e novo, iso e moi bo, porque a liga e longa, e necesitamos ser un equipo con solucions variadas.
Para rematar temos este sábado visita o mellor equipo do grupo, e logo un partido na casa que e fundamental para seguir competindo con ilusión nesta liga que como vedes está moi igualada, e da forma que van as cousas, cos resultados que hai, non me extranaria que se decidise polo golaverage en alguns dos postos.

No hay comentarios: