O primeiro e darvos a noraboa rapaces pola victoria, a verdade e que tivemos que traballar mais do esperado por varias causas, primeiro porque defender non e só as gañas que lle poñas, non chega só con gañas, estamos errando demasiado en aspectos técnicos e tácticos individuais, por exemplo nas orientacións e na "lectura" da situación do noso oponente, por exemplo en varias ocasións o noso oponente sen ter posición de lanzamento provocaba desaxustes en defensa por axudas innecesarias, outras veces a falta de diálogo defensivo fixo que incluso tres de nós foran defender un atacante, e para rematar, tamén un monte de veces, fixemos golpes francos cando con variar a profundidade era suficiente, dado co noso oponente xa esgotara o bote e non tiña posición de lanzamento.
Outra das cuestions a suliñar foi a cantidade de erros no lanzamento que tivemos, mitade por culpa nosa, mitade por culpa do seu porteiro que foi con gran diferencia o seu mellor xogador.
Ainda así varias cousas nos deben de alegrar, por exemplo os inicios de cada parte, nos que fixemos parciais de 5-0 en pouco mais de tres minutos, defendendo ben e facendo transicions rápidas e ben xogadas. Outra cousa pola que teño que felicitarvos e polo cambio no comportamento cos árbitros, onte non houbo nin unha protesta e iso permitiu que estivesemos centrados no importante, que e o xogo, e a verdade e que o finalizar o partido comenteille a un dos colexiados que a sua actuación estivo moi errada e perxudicounos moito, o que pasa e que errores técnicos non tiveron, só foron errores de apreciación, o que si teño claro e que tivemos demasiadas esclusions si as comparamos cas do rival, que mereceu (se aplicaran o mismo nivel) as mismas que nos, seguro que algún de vos pensa que foi premeditado, eu prefiero pensar que so era casualidad que cando nos ibamos no marcador de tres ou catro goles recibiamos esclusions, pero o importante e eso, arbitrar non e doado, polo tanto, hai que seguir pensando en como mellorar o que depende de nós e non pensar no traballo dos demais (a arbitraxe) imaxinar que en vez de estar centrados no xogo, estiveramos protestando durante o partido, o resultado sería partido palmado, voltar a casa de mal xenio, etc..
Por outra banda, xa sabedes que a situación física na que chegamos o partido era un risco, e faltounos esa "chispa" do sábado pasado, pero ainda así acadamos os dous puntos, e agora podemos seguir traballando de cara o vindeiro partido ca confianza de que chegaremos en plena forma, e intentaremos de novo dar a sorpresa e conseguir un resultado positivo.
Para rematar, temos que celebrar a incorporación de Pincho, e o aporte dos que saen dende o banquillo, esta aportación cada vez e maior, e mais importante, e agardo que a medida que vayamos avanzando nos adestramentos o sexa ainda mais, así que para os que menos xogan darlle as gracias polo seu traballo, e pedirlles que confien nas suas posibilidades, que teñan paciencia, eu espero que pouco a pouco o traballo vaia dando os seus frutos, e poder dar mais minutos os que menos os teñen, pero para iso debemos seguir traballando para mellorar, sendo sempre os mais humildes.
PD.: Somos o equipo mais limitado, polo tanto somos os que mais temos que traballar e mellorar
Esta semán adestramos martes, Xoves e Venres (os porteiros teñen adestramento específico o Luns as 19:30)
No hay comentarios:
Publicar un comentario