Os nosos infantís voltaron a gañar os seus dous partidos da "fase final" provincial e procramaronse campeóns provinciais, Noraboa e todos agardamos que iste campeonato sexa unha motivación mais para seguir intentando mellorar no que queda de tempada e vindeiras, moitos coñeceron o balonman este ano, polo que o marxen de mellora e enorme, ainda así felicitar o seu adestrador por conseguir implicalos no noso deporte, a meta esta lonxe, pero debemos desfrutar do camiño cada día.
Por outra banda, siguense facendo preparativos de cara o dia 23, probablemente pola mañán se dispute no noso pobo as fases finais de benxamíns e alevins, co que será un día de festa do balonman en Camariñas, xa que polo serán poderemos desfrutar dun entretido derbi entre os nosos seniors e o OAR da Coruña, para logo ver no Areal os mellores xogadores galegos, nos que case que está confirmada a presenza do Camariñán Victor Vigo coa selección Galega, unha boa ocasión para felicitalo pola sua gran temporada no Naturhause La rioja de Asobal, que está a un pasiño de conseguir a quinta praza, sen esquecer o gran papel desenvolto na competición europea, chegando as semifinais e prantando cara a todo un histórico coma o Lemgo alemán, tendo Victor un protagonismo moi elevado nos dous partidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario