miércoles, 5 de mayo de 2010

PRÓXIMOS ENCONTROS

O Venres as 19:00 horas no Areal, os xuvenís pechan a tempada contra o Pontedeume, un partido donde o resultado é o que menos importa, xa que ambos equipos non van poder variar a sua clasificación, os nosos rematan nun meritorio sexto posto, tendo en conta as dificultades cas que se atoparon o longo do ano, debido as ausencias por innumerables motivos, ainda así Toni conseguiu "levar a nave a bon porto" desenrolando un bo traballo.

O Sábado os infantis desprazánse a Coruña, para xogar os dous encontros pendentes da sua liga, e recibir o seu premio polo campeonato provincial infantil que xa teñen matemáticamente no seu peto, ainda que deben seguir a traballar e mellorar moito, xa que este ano a competición viuse moi devaluada pola participación de tres equipos alevins dos seis que se inscribiron na competición. O primeiro partido xogarano as doce e media da mañá no Francisco Javier, e despois do xantar na universidade, regresarán a pista as 17:30.

Con estes encontros os nosos equipos finalizan as suas competicións a espera das fases finais de alevins e benxamins.

No hay comentarios: