

A verdade e que vendo o partido de novo, o resultado e demasiado curto para a diferencia que houbo no campo, e me explico: traballamos en defensa bastante ben durante bastante tempo, pero logo temos alguns despistes que non son normais para un equipo senior, as veces parece que o rival esté esperando ese momento e xusto ten a posibilidade de aproveitar os nosos erros cunha facilidade anormal, algún dirá que temos mala sorte, pero estará trabucado, a sorte hay que buscala, hai duas xogadas que son bo exemplo do que comento, a primeira e unha recuperación en defensa e Felipe sae botando el soiño ate o momento de lanzar (erra o lanzamento porque vai frontal o porteiro...) o caso e que despois da parada nos pillan totalmente descolocados e sen prestar atención, o rival ten toda a parte dereita valeira de defensores, cando só un de nós saiu o contraataque, outro exemplo e unha defensa longa que facemos e provoca un lanzamento que para Lalá, volvemos a relaxarnos e Alan pasa o balón a non sei quen, total todos despistados, eles recuperan o balón e gol fácil. Este tipo de cousas debemos melloralas.
Outra cousa que debemos pensar e que en ataque debemos colaborar todos sen pensar en quen vai finalizar, e sobre todo refìrome a segunda liña (extremos e pivotes), non pode ser que non exista continuidade debido a manía de porse a descansar na esquina, hai que crear tamén, sair a recibir para facilitarlle o traballo os compañeiros, e moito menos sair a recibir e botar, a ver cando somos capaces de observar si traemos a superioridade gañada ou non, e si e que non sair coma balas ben por diante, ben por detrás en cruce e crear superioridade para os nosos compañeiros.
E para terminar con este partido, a miña noraboa especial a Lalá, debemos ter claro todos que estes dous puntos llos debemos a portería que estuvo a un bo nivel, e que espero siga así. A ver si colaboramos mais nos adestramentos cos porteiros e deixamonos de perder o tempo con moitos lanzamentos que non sirven mais que para facer perder o tempo.
Este sábado as 19:00 xogamos co Carballal, vai ser un partido dificilisimo, e mais porque na sua casa o seu nivel e moito mais alto, porque non van a estar confiados, porque nos terán moitas gañas, e querrán devolvernola, ademais de que recuperaron xogadores que non viñeron a xogar na primeira volta, pero como xa comentei fai tempo, un equipo como debe ser, ten que salir mentalizado na casa e fora, hai que sair a gañar sempre, sea donde sea e sea quen sea o rival. Así que agardo unha semana coa motivación polas nubes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario