O sábado os mais pequenos marcharon a Pontedeume donde alevins e benxamins desputaron o penúltimo encontro do ano, os benxamins gañaron unha das partes e os alevins gañaron o encontro según eles mesmos que deben ser os únicos preocupados polo resultado, o importante e que a medida que pasa o tempo van adquirindo mais conceptos sobre o xogo e vanse desenvolvendo mellor.
Os infantís tamén xogaban co Pontedeume, devolvendo a visita do venres donde os nosos gañaron sen deficultade, e ainda que na primeira parte foi igualada, na segunda conseguiron despegarse e voltar a gañar co que marchan imbatidos na liga, tamén neles se vai apreciando a mellora que produce o seu adestramento.
Os Xuvenís gañaron a un rival moi inferior por 3 goles, debido sobretodo as baixas cas que afrontaban o encontro os nosos, xa que tanto Felix coma Caamaño non poideron participar.
O Domingo rematou a xornada co viaxe a Vigo dos cadetes, que coma ven sendo habitual a medida que avanza o encontro van perdendo gas e vanse deixando ir. Esta vez o Lavadores B aproveitou moi ben a calidade dos seus extremos, que na maioria das ocasions non encontraron oposición nin na defensa nin na portería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario