martes, 27 de abril de 2010

SELECCIÓN GALEGA EN CAMARIÑAS




O día 23 de Maio, celebrarase no noso pobo un torneo de conmemoración polo 125 aniversario de Conservas Boya, a verdade que será un dos partidos mais interesantes que se poden ver na actualidade, a selección Galega enfrentarase a selección Inglesa que está a preparar a sua participación nos xogos olimpicos de Londres 2012.
Os adestradores e seleccionadores galegos serán Alejandro López e Fran Teixeira, dous históricos do noso balonmán.
Na derradeira convocatoria da selección Galega participaron xogadores da calidade de Xavi Díaz, Suso Soliño, Rafa Dasilva ou Iago Muiña entre outros, co que o espectaculo no Areal está garantido.
Previo o encontro "estrela" disputarase un amigable, no que o Conservas Boya intentará vencer o cuarto clasificado da primeira nacional, o OAR da Coruña, que amablemente aceptou a invitación para participar nesta intensa xornada de balonmán.



No hay comentarios: