lunes, 12 de abril de 2010

fin de liga

Dende aqui felicitarvos a todos polo voso esforzo, e tendo en conta as enormes limitacions que temos, acadamos un octavo posto que probablemente todos firmariamos o iniciar a liga, e mais sabendo a cantidade de infortunios que tivemos, cas longas lesions de Alberto e Marcos, e outras lesions que ainda que de curta duración sempre nos afectaron moito pola escasez de efectivos que temos (Alan, lala, Peron, Moncho, Xabi), ainda así conseguichedes finalizar a liga coma a comenzamos peleando e poñendo moi dificil as cousas a todo un campeón de liga coma o Lavadores.
Contra todos os equipos fumos quen de competir e tivemos ante todos eles a oportunidade de gañar, faltounos un pasiño en alguns partidos, noutros claramente non nos deixaron intentalo... agardo que o ano que ven seamos quen de dar ese pasiño e manter unha maior regularidade no noso rendimento, esto tamén seria mais doado se en vez de ter 10 xogadores, somos quen de ser 16, que exista competencia por ir convocado, que si un está en baixa forma ou tocado poida descansar sabendo que o seu sustituto e de garantías... e sabendo que si se relaxa nos adestramentos e doado que non xogue..., en fin non queda outra que seguir traballando e mellorando, termina unha liga e xa estamos preparando a vindeira, ánimo

No hay comentarios: