Bo partido polo resultado, ainda que en xogo debemos mellorar moito, temos moitos errores que son moi sinxelos de solucionar se poñemos un pouco mais de atención o que traballamos nos adestramentos e facemos mais caso as indicacións que vos dou dende a banda.
En defensa a medida que vamos avanzando mecanizamos mais o sistema e as actuacións individuais de cada un, o que pasa e que algún de vez en cando está demasiado relaxado, tedes que saber que o posto de titular gañase en defensa, non en ataque.
Non debemos cometer tantas faltas no pivote, eso debería ser o mínimo exixible, esté o xogador acostumado ou non a xogar nese posto, non e que despois de estar defendendo un minuto ou mais, se perda o balón por arriscar nun pase imposible, ou por forzar a individualidade, cando non hay superioridade ofensiva, non se debe forzar o ataque, hai que frenar, colocar a xente, que todos toquen o balón e xogar en equipo ca continuidade necesaria para conseguir una boa ocasión de gol, temos a proba ben clara, cada vez que xogamos así temos ocasión clara, non entendo porque si una cousa funciona se cambia…
Na segunda mitade estivemos con tres arriba no marcador, tivemos tres perdidas que si fora un partido de competición cambiaria a cousa e pasariamolo moi mal, neses intres erramos un contraataque, un 7 metros, perdemos tres balóns seguidos por arriscar sin vir a conto…, menos mal que a defensa e Felix funcionaron ben… Cando nos pusemos catro arriba e faltaban 8 minutos, volvemos a cometer demasiadas precipitacións, con subidas de contraataque e perdas tontas de balón, coma si fosemos nos os que íbamos catro abaixo, en situacións así hai que ser moito mais disciplinados, pensar que asegurando a posesión imos ter opción de conseguir gol e inda por riba quedará menos tempo, e polo tanto menos posibilidades para que o rival consiga acercarse no marcador, ainda por riba se facemos as cousas como vo lo digo, teremos a oportunidade de replegarnos mais ordenadamente, non deixar postos vitais descubertos, e ser mais fortes defendendo, que o fin e ao cabo e os que nos permitirá gañar partidos.
Esta semana baixamos o volumen de adestramentos en cantidade, pero espero que a asistencia sexa moi amplia para imprimir a intensidade precisa e chegar da mellor forma posible a nosa primeira cita no Rosal, donde gañar será importantísimo, polos dous puntos, por iniciar una racha positiva e meterse na dinámica de gañar cada partido e coller mai confianza no noso traballo e por suposto polo impulso que da a moral gañar o primeiro partido e fora da casa.
Recordade que adestramos Martes, Xoves e Venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario