domingo, 6 de septiembre de 2009

NOVAS

Viña Costeira 19 Conservas Boya Camariñas 17

Creo que foi un dos mellores partidos xogados en ataque ate agora, conseguimos mover o balón mais ou menos con soltura, e conseguimos claras ocasions de gol despois de traballar colectivamente, O seu cambio defensivo a 5:1 provocounos un pouco de atasco, pero pronto nos adaptamos e conseguimos ir por diante de 3 goles cando eramos un menos no campo.

O peor de todo foron os "despistes" puntuais na nosa defensa, décimas de relaxación que aproveitaron ben os contrarios, isto debe ser unha enseñanza, debemos darnos conta que para conseguir os obxetivos debemos estar o 100% todo o tempo, e unha magoa defender ben mais dun minuto e logo cagala por un despiste.

O resultado e o de menos, houbo decisións arbitrais trabucadas e influiron no mesmo, asi que debemos estar satisfeitos polo xogo, tendo en conta que non tiñamos pivote especifico, que os cambios que tiñamos eran xuvenís e que o equipo contrario foi terceiro o ano pasado, e xogaba na sua casa.

Lalín 27 Conservas Boya Camariñas 16

Saimos ca mentalidade equivocada, estes partidos son adestramentos mais "serios" e non temos que estar pendentes do marcador, estivemos moi relaxados en todolos aspectos do xogo, ainda así xogando o "tran-tran" non se foron no marcador moi cedo, ainda por riba se andamos a pensar no que pitan en vez de pensar en como temos que xogar, mal vamos, os derradeiros 20 minutos e mellor olvidalos porque xa non dabamos mais nen fisica nen mentalmente, xa sobraban tendo en conta que non tiñamos case cambios, e non se lle pode pedir os xuvenís que leven o peso do equipo, e mais cando se falta tanto a adestrar.

Ouservacións e apuntes importantes:

Non pode ser que un extremo contrario esté saindo o contraataque diario, e o seu defensor chegue case sempre tarde (pode ser cando e o que lanza, pero si non e asi, non e normal que pase tantas veces), non pode ser que dous ou tres baixen rápido o outros tres baixen trotando, non e unha boa sinal de compromiso, sacrificio, esforzo e xenerosidade.

O tema dos árbitros xa avisei o primeiro dia da tempada, lembreino noutros amigables, e unha cousa pola que non paso, así que xa sabedes o camiño que hai que seguir se os votan por falar, o das duchas, ademais seria interesante que teñades en conta o mal que fai o equipo ponse a falar cos arbitros, o que fala perde a concentración, e inda por riba fai perdela os seus compañeiros; eu en vez de pensar en darvos consignas tacticas ou técnicas, teño que andar calmando a xente, polo tanto que quede claro, protestar so nos pode dar problemas, e non teño pensado consentilo.

No hay comentarios: