O primeiro e darvos a noraboa a todolos xogadores, polos dous puntos e pola forma na que os conseguichedes. Agora toca pensar no seguinte encontro, e asegurovos que estou convencido de que vainos ser mais dificil ca este do sábado. Levo bastantes anos no "negocio" e sei moi ben que en canto un cree o que non é, enseguidiña leva un bo golpetazo na fronte para lembralo, con esto quero decir que debemos estar contentos por levar tres puntos, pero si os levamos e polo traballo que fixechedes ate agora, en canto pensedes doutra forma esnafraremonos sen remedio, así que humildade e a traballar mais, supoño que teredes presente que somos o equipo mais débil do grupo, e só traballando moito mais cos demais conseguiremos competir en igualdade.
Outra cousa produceme certa mágoa, se o Sábado somos capaces de ter a actitude no campo que tivemos.. ¿porque non facemos un esforzo e a temos tamén fora da casa?, e decir, se no partido ante o Novás tiveramos ese "plus" de gañas e entrega que tivemos o Sábado agora teriamos 4 puntos en vez de tres; pensádeo ben.
O partido do sábado non foi o mellor que podemos facer nin moito menos, teño confianza en vos e no voso esforzo e sei que temos que mellorar infinidade de cousas, defensivamente ainda temos demasiados erros, sobretodo moitas veces non nos anticipamos como deberiamos, chegamos unha décima tarde para coller ventaxe o atacante e iso provoca que teñamos tantas exclusións. Por certo a pesares de que algún protestou, non hai queixa da arbitraxe, sei que nos escluiron o triple de veces que a eles, pero a inmensa maioria merecidamente, así que debemos seguir na liña de pensar so no xogo e nada nos arbitros que fan as cousas o mellor que saben.
Tamén temos que ter en mente que o estar mais efectivos adestrando, as sesión gañan calidade e podense facer moitas mais cousas, só espero que isto siga así, xa sabedes que tedes todo o meu respeto e o que consigamos e mérito voso, de todolos xogadores.
Esta semán adestramos Martes, Xoves e Venres, mais voluntariamente o Luns que a partir de agora, será un adestramento específico de mellora de táctica e técnica individual (lembrade que o adestramento e persoalizado, así que o que non se apunta a él o día do partido non terá tal persoalización nos exercicios)

No hay comentarios:
Publicar un comentario